José Antonio Valencia Valencia deixa o Partido Popular no Concello de Calvos de Randín
José Antonio Valencia Valencia, concelleiro da oposición no Concello de Calvos de Randín, decidiu abandonar as filas do Partido Popular para integrarse no Grupo Mixto.
Esta decisión, descrita polo concelleiro como unha reflexión «moi meditada», fundamenta-se na necesidade de centrar a acción política nas demandas reais da veciñanza e na recuperación da unidade veciñal. Valencia sostén que as estruturas tradicionais dos partidos non son as máis axeitadas para dar resposta ás necesidades locais actuais e que a situación do concello require «outro tipo de políticas».
O concelleiro, que ata o momento era o único representante e portavoz do PP na oposición, manifestou que non ten reproches cara ao partido e agradeceu a oportunidade de participar na vida política local. O seu obxectivo futuro é continuar loitando polos dereitos e a mellora da calidade de vida dos veciños.
Fonte: www.dendealimia.com
