Alumnado do IES Cidade de Antioquía visita Infesta no marco da Academia de Aldea
O núcleo de Infesta, no concello de Monterrei, acolleu a terceira visita oficial da Academia de Aldea, unha iniciativa central do proxecto estratexico PAISACTIVO. Nesta xornada técnica participaron 20 alumnos e 5 profesores do ciclo de Grado Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia).
O obxectivo principal do encontro foi a creación de espazos formativos nos propios territorios rurais para analizar directamente os usos do solo. A través dunha metodoloxía inmersiva, os estudantes analizaron o contorno territorial, a paisaxe e a estrutura urbana da aldea, baseándose nos tres aneis territoriais de actuación definidos por PAISACTIVO.
Esta actividade busca que os futuros profesionais comprendan a complexidade da gobernanza comunitaria e a importancia de recuperar paisaxes en zonas vulnerables. O impacto desta iniciativa refólzase no vínculo entre a formación académica e a dinamización socioeconómica da comarca de Monterrei, fomentando o pensamento crítico sobre a xestión sostible dos recursos naturais e forestais no medio rural.
Fonte: www.diariodolimia.gal
