Un paso histórico pola inclusión no baloncesto de Xinzo

Teo, un neno con Trastorno do Espectro Autista (TEA), disputou o seu primeiro partido de liga co equipo A.B. Xinzo Premini. O encontro, celebrado en Xinzo contra o Ingade COB, trascendeu o resultado deportivo para convertirse nunha xornada de romper barreiras e combatir prexuízos.

Teo, que leva tres anos adestrando co club, participou en tres dos seis tempos do partido e marcou varias canastas que foron celebradas tanto polos seus compañeiros como polo público e o equipo contrario. A xornada contou co apoio de Yanira, monitora da asociación Limisi, quen serviu de reforzo para o xogador.

O adestrador, Luis Miguel, destacou a importancia de fomentar valores como a empatía e o compañeirismo a través do deporte. Asímesme, recalcou o comportamento exemplar do equipo rival e dos árbitros, quen comprenderon e apoiaron a natureza inclusiva deste encontro.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA