Incendio dun furgón na A-52 en Xinzo de Limia
Hoxe lunres, ás 10:55 horas, produciuse unha emerxencia vial na autovía A-52, concretamente no kilometro 194, sentido Ourense, dentro do termo municipal de Xinzo de Limia.
O incidente consistiu no incendio dun furgón, cuxo lume originouse na zona do motor, xerando unha densa columna de fume visible dende a estrada. Segundo a información disponible, non había persoas no interior do vehículo no momento do sinistro.
Para atender a emerxencia, foron mobilizados os Bombeiros de Xinzo e patrullas da Garda Civil de Tráfico, encargados de extinguir as chamas e regular a circulación na Autovía das Rías Baixas. Así mesmo, o persoal de conservación de estradas intervirá unha vez apagado o lume para asegurar a calzada.
O tráfico atópase actualmente condicionado pola presenza do vehículo no marxín da vía, polo que se recomenda aos condutores que transiten pola zona extremar a precaución.
Fonte: www.diariodolimia.gal
