Un grupo de estudantes mexicanos visita a Deputación de Ourense para coñecer o seu funcionamento | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

Deputación de Ourense recibe estudantes mexicanos interesados na administración pública

A Deputación de Ourense abriu as portas do Pazo Provincial para recibir a un grupo de estudantes universitarios do Centro Universitario Tlacaélel, con sede en Ixtapaluca, Estado de México. A delegación atópase en España para completar un diplomado sobre innovación.

A visita, guiada polo deputado provincial José María Lago e coa participación do profesor Eladio Jardón, centrouse en que os alumnos coñecesen o funcionamento das administracións públicas españolas, con especial atención ao papel das deputacións provinciais, unha figura sen equivalente directo en México.

Os estudantes puideron coñecer de preto o labor de asistencia técnica e cooperación económica que a Deputación de Ourense realiza cos concellos da provincia. Este encontro serviu para afondar na organización territorial de ambos os países e fortalecer a colaboración institucional.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA