Unha muller de 50 anos, veciña de Xinzo de Limia e nai de dous fillos, foi achada sen vida no seu domicilio. A súa ausencia prolongada xerou preocupación entre familiares e veciños, quen alertaron ás autoridades.
Tras un primeiro intento infrutuoso de contactar o luns 16, a Policía Local, coa autorización xudicial pertinente, accedeu á vivenda o martes 17. Alí localizaron á muller falecida.
No lugar presentáronse efectivos da Garda Civil, Policía Local, servizos de emerxencia e bombeiros, quen unicamente puideron certificar o falecemento.
As causas da morte descoñécense por agora e serán determinadas pola investigación en curso.
Fonte: www.diariodolimia.gal
