FOTOGALERÍA | Un Domingo Fareleiro para perderse entre fariña, risas e festa

Diario do Limia

O Domingo Fareleiro encheu as rúas de Xinzo de alegría e fariña o pasado 26 de xaneiro de 2026. O evento, que se celebra como parte do Entroido da localidade, congregou a veciños e visitantes de todas as idades nun ambiente de complicidade e bo humor.

A fariña foi a protagonista indiscutible da xornada, pero o que realmente deixou pegada foron as caras felices e as gargalladas compartidas entre os asistentes. Isto confirma, unha vez máis, a intensidade, a diversión e o «moito corazón» co que se vive o Entroido en Xinzo.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA