Bruno Gómez, adestrador do Antela, fixo balance da primeira volta da competición na que o seu equipo marcha quinto clasificado. Nunha entrevista concedida a Laureano Nieto para La Región, Gómez destacou a necesidade de mellorar a efectividade de face a portería, afirmando: «Tenemos que darle más importancia a cada situación de gol que tengamos para poder meterlas».

Por outra banda, sinalou o punto forte do Antela, que reside na súa solvencia defensiva. Segundo o adestrador, «A nivel defensivo sufrimos muy poco, considero que defendemos muy bien a través de la posesión y sabemos darle la pausa al juego cuando es necesario». Gómez subliñou que o enfoque do equipo está en potenciar as súas fortalezas.

Fonte: antela.fala.gal

VER NOTICIA COMPLETA