La CEO exige ayudas y cláusulas de salvaguarda para el sector primario ante el pacto con Mercosur

Diario do Limia

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) manifestou o seu apoio explícito ao sector primario ante a crecente preocupación xerada polo acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur. A organización defende unha posición equilibrada que non frea a apertura de mercados internacionais, pero que impida que esta prexudique sectores estratéxicos da provincia.

A CEO recoñece que, aínda que o tratado elimina aranceis nun mercado de 700 millóns de consumidores, unha parte significativa da agricultura e gandería rexeita os seus termos polo impacto na viabilidade das explotacións. O principal conflito reside na entrada de produtos sen os mesmos estándares sanitarios, medioambientais e laborais que se esixen en Europa, xerando unha clara desvantaxe competitiva para os produtores ourensáns.

Por este motivo, a CEO reclama ás administracións nacionais e europeas a creación de mecanismos de protección e compensación para os sectores prexudicados. Estas medidas deberían incluír axudas directas, fondos de axuste e un reforzo dos controis sobre as importacións procedentes destes territorios.

A Confederación subliña a súa firmeza na defensa dos sectores ameazados polo acordo, considerando que non se pode permitir o debilitamento dun sector primario esencial para a cohesión territorial e o desenvolvemento económico de Ourense.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA