Acusan a Mercadona de Xinzo de vulnerar derechos laborales

Diario do Limia

Traballadoras de Mercadona, xunto con militantes e simpatizantes da CIG, concentráronse hoxe diante do hipermercado da empresa no polígono industrial de Xinzo de Limia. As manifestantes corearon consignas contra a dirección e o departamento de Recursos Humanos de Mercadona, acusándoos de vulneración de dereitos laborais e sindicais.

Segundo as concentradas, a afiliación a un sindicato ou a participación en protestas en apoio a traballadoras despedidas inxustamente pode derivar tamén en despedimento. Denuncian que Mercadona busca evitar que os empregados teñan forza colectiva para defender condicións dignas, e que quen colabora con sindicatos independentes sofre vixilancia, ameazas, illamento e, en última instancia, despedimentos.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA