O filial queda en mans de Forri e o xuvenil, nas de Peruzzo

Antela FC

Juan Forri, novo adestrador do Antela B tras a saída de Iván Gómez

Juan Forri ascende a adestrador do equipo filial do Antela, o Antela B, despois da marcha de Iván Gómez. Este cambio provoca que Nico Peruzzo, futbolista do primeiro equipo, pase a dirixir o equipo xuvenil. Xurxo e Javi Pérez, que eran axudantes de Forri no filial, continuarán colaborando con Peruzzo no xuvenil.

O club destaca a continuidade da liña deportiva nos tres equipos e a satisfacción por contar con «un home da casa» para o filial.

Fonte: antela.fala.gal

VER NOTICIA COMPLETA