Civitas Limicorum destinará a recadación da Festa do Esquecemento á reconstrución tras os incendios
A Asociación Cultural Civitas Limicorum unese á solidariedade coas zonas afectadas polos incendios forestais en Galicia, especialmente na Limia e Ourense.
A recadación da venda de merchandising oficial da XXV Festa do Esquecemento destinarase a apoiar a reconstrución destas áreas.
Os fondos recadados serán ingresados na conta do Concello de Cualedro, participando así na recuperación da vida e a esperanza tras o lume.
Ademais, tomaranse medidas de respecto na programación, como non acender os fachos no desfile do venres e manter apagado o Lume Sagrado, reforzando tamén a seguridade e a coordinación cos servizos de emerxencia.
A organización anima á participación responsable e á colaboración na campaña solidaria.
Fonte: www.diariodolimia.gal