A piscina grande municipal de Xinzo de Limia está temporalmente pechada por detección de feces na auga.
A medida, en cumprimento do Real Decreto 742/2013 e baixo supervisión da Consellería de Sanidade, busca garantir a seguridade dos usuarios.
O Concello informa que o servizo restablecerase canto antes, unha vez se coñezan os resultados das análises realizadas por un laboratorio autorizado.
Fonte: www.diariodolimia.gal