Detido home por roubo de gasóleo en camións
A Garda Civil de Celanova, coa Policía Local de Xinzo de Limia, detivo un home de 49 anos, veciño de Monterrei, como presunto autor de varios roubos de gasóleo en camións. A operación, denominada FEUL OU, investiga o furto de 3.750 litros de gasóleo A, valorados en 7.000 euros, en Xinzo de Limia e Verín durante o mes de xuño.
O detido é o principal sospeitoso de sete furtos: cinco en Xinzo e dous en Verín. Tamén se investiga unha muller de 52 anos, veciña de Cenlle, por un dos delitos.
O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción de Xinzo de Limia. A investigación continúa aberta.
Fonte: www.diariodolimia.gal