Gasosas da Limia. Tributo á bebida de todos e todas.

Dende A Limia

Homenaxe ás Gasosas da Limia no Museo da Limia

O sábado 5 de xullo ás 11:45 h, o Museo da Limia (Vilar de Santos) celebra o 80 aniversario da fábrica de gasosas Berardo Méndez (Sandiás), cun acto titulado “Gasosas da Limia. Tributo á bebida de todos/as”.

A xornada inclúe unha Conversa na taberna con Xavier Feijóo, Miro M. Cerredelo, Manolo Cerredelo e Jorge Pulido, que analizarán a relevancia social, económica e cultural destas industrias na Limia a mediados do século XX.

Persoas e coleccionistas doarán obxectos relacionados coa fabricación artesanal de gasosas ao Museo, incluíndo unha máquina saturadora Barnett and Foster doada por Xavier Feijóo.

A Taberna da Trocha colabora no evento e ofrecerá viño con gasosa, evocando os costumes da época.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA