NOTICIAS VERÍN | El plan «Xinzo Paso a Paso» impulsa la peatonalización del centro histórico

Diario do Limia

Xinzo de Limia peatonaliza o centro histórico con control de tráfico por cámaras

O Concello de Xinzo de Limia comezou a implantar o plan «Xinzo Paso a Paso» para priorizar os peóns e recuperar espazo público.

Instalarán cámaras de control de tráfico nas rúas Santa Mariña, Lepanto, Jesús Carlos Romero Nieto e Otero Pedrayo, sancionando infraccións de forma automática.

O acceso estará restrinxido, pero permitirase a residentes (previa alta de matrícula), servizos de emerxencia e repartos (de 07:00 a 10:30 h). As cámaras tamén controlarán o peso dos vehículos, limitando o acceso a turismos.

Segundo Ramón Gómez, concelleiro de Obras e Mobilidade, o plan busca «favorecer unha mobilidade racional, segura e adaptada á estrutura e identidade de Xinzo».

Este plan complementa outras medidas como a creación de aparcadoiros disuasorios e zonas de estacionamento exprés, e coincide co inicio das obras de humanización da N-525.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA