Exposición «Os fondos europeos en Galicia» en Xinzo de Limia
Do 5 ao 19 de xuño, a Praza Maior de Xinzo de Limia acolle unha mostra itinerante sobre o impacto dos fondos europeos en Galicia.
A exposición, composta por 16 paneis, ilustra a repercusión dos fondos en áreas como educación, sanidade, dixitalización e patrimonio. Destaca proxectos de inclusión social e desenvolvemento rural.
Galicia recibiu máis de 32.000 millóns de euros dende 1986 a través de financiamento europeo, principalmente da Política de Cohesión.
A mostra xa visitou A Coruña, Monforte, O Barco de Valdeorras e Verín, e continuará por Pontevedra, Sanxenxo, Noia e Santiago.
Fonte: www.diariodolimia.gal