Xinzo de Limia acolleu a X Xornada Técnica de Reciclaxe para Adestradores
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia foi a sede da X Xornada Técnica de Reciclaxe e Actualización para Adestradores, organizada polo Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol.
O evento, que forma parte do calendario oficial do fútbol autonómico, busca ofrecer formación continua aos adestradores para manter a vixencia das súas licenzas.
O Concello de Xinzo destacou a importancia destes encontros para a profesionalización do deporte e o impulso ao fútbol base.
Preto de cen persoas asistiron á xornada.
Fonte: www.diariodolimia.gal