O MUGAE amplía a súa colección co Entroido de Vilameá
O Museo Galego do Entroido (MUGAE), en Xinzo de Limia, e o Concello de Lobios asinaron un convenio para a cesión de dúas pezas representativas do Entroido de Vilameá (Río Caldo): un Home Danzante e unha Muller Danzante.
Estas figuras, elaboradas pola veciñanza de Vilameá e A Devesa, son o resultado dun traballo de cinco anos dedicado á recuperación e posta en valor das tradicións locais. A súa incorporación ao MUGAE reforza o compromiso do museo coa preservación do legado etnográfico galego, achegando máis dunha ducia de novos personaxes á súa colección, que xa supera o medio centenar.
A exposición destes traxes permitirá dar a coñecer a riqueza cultural do Entroido de Río Caldo a visitantes de toda Galicia e do exterior. O MUGAE continúa así a consolidarse como un referente na salvagarda das tradicións do Entroido galego.
Fonte: www.diariodolimia.gal