A aldea de Saa celebrou a segunda edición da Festa da Arracada coa mirada posta no mundo castrexo

21 Noticias

II Festa da Arracada – Beltaine en Saa (Vilar de Santos)

O sábado 7 de xuño, a aldea de Saa, en Vilar de Santos, foi o escenario da II Festa da Arracada – Beltaine. O evento, organizado polo Concello de Vilar de Santos e a asociación Civitas Limicorum, reuniu veciñanza e visitantes en torno á cultura castrexa.

A programación incluíu música en directo, espectáculos inspirados en rituais antigos (como vodas castrexas e o rito do lume) e unha cea popular ao aire libre.

A festa busca consolidarse como unha cita de referencia para a posta en valor do patrimonio inmaterial da comarca, combinando divulgación histórica e celebración colectiva.

Fonte: 21noticias.com

VER NOTICIA COMPLETA