Comezan as obras de reforma integral na praza de abastos de Xinzo de Limia
Esta semana inícianse as obras de reforma integral da praza de abastos de Xinzo de Limia, o que provocará o peche ao aparcamento da contorna durante aproximadamente un ano. Permitirase o acceso aos vaos. Como alternativa, o Concello ofrece o aparcamento gratuíto do Multicentro, con máis de cen prazas.
Os vendedores da praza continuarán a súa actividade en contedores provisionais. Os traballos, adxudicados en 625.328 euros, buscan «recuperar este espazo como eixo de vida comercial e social no centro da vila».
O alcalde, Amador Díaz, pediu comprensión á veciñanza polas molestias e cualificou a obra como «esperada e necesaria para modernizar o mercado e dinamizar o comercio de proximidade». Prevese que as obras rematen nun ano.
Fonte: www.lavozdegalicia.es
