O pleno do Concello de Xinzo de Limia acordou, por unanimidade, a cesión gratuíta dunha vivenda situada en Morgade á Asociación Limisi. O Concello, como propietario do inmóbel, porá a disposición desta entidade o ben patrimonial, que requirirá unha rehabilitación integral e adaptación ás necesidades dos seus usuarios, persoas con diversidade funcional.
Ademais, aprobouse a prórroga e ampliación de crédito para o Servizo de Axuda no Fogar. Esta decisión, que contou co voto en contra do BNG, ten como obxectivo cubrir as horas de atención mentres se xestiona a nova licitación para o ano 2026.
Fonte: www.lavozdegalicia.es
