XVIII Certame Galego de Bandas de Música Populares no Pazo da Cultura

Este fin de semana, o Pazo da Cultura acolle o XVIII Certame Galego de Bandas de Música Populares, a edición máis multitudinaria dos últimos anos. Vinte agrupacións de Galicia, Castela e León, Portugal e Colombia participarán no evento, reunindo máis de 1300 instrumentistas de entre 6 e 87 anos.

O concurso comezará ás 10 horas coa sección infantil, na que competirán a Banda Infantil da Unión Musical de Meaño, a Banda Infantil da EMM de Veguellina de Órbigo (León) e a Chikiband 2.0 de Xinzo de Limia. A continuación, será a quenda das agrupacións xuvenís.

Fonte: www.lavozdegalicia.es

VER NOTICIA COMPLETA