A campaña especial de control de alcoholemia na condución esténdese ata o 21 de decembro. A Garda Civil, ademais, prolongará os controis relacionados con comidas e ceas ata o 8 de xaneiro.
Dende o inicio do ano, máis de 1.800 persoas foron sancionadas por conducir baixo os efectos do alcol por enriba do permitido.
Aínda que faltan uns días para as datas centrais do Nadal, xa se atopa en pleno apoxeo a época de comidas e ceas de empresa e de grupos de amigos para celebrar estas festas. Como cada ano, coincidirá con este período a intensificación dos controis.
Fonte: www.lavozdegalicia.es
