Muller de 81 anos falece atropelada na N-525 en Xinzo de Limia
Unha muller, identificada como S.V.B. de 81 anos, faleceu onte á noite tras ser atropelada no punto quilométrico 200 da N-525, á altura de Xinzo de Limia (Ourense). O accidente ocorreu pasadas as 21:10.
Un particular alertou aos servizos de emerxencias, indicando que a vítima fora lanzada á beirarrúa. Bombeiros do Parque de Xinzo e servizos sanitarios do 061 confirmaron o falecemento.
No operativo participaron tamén a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Xinzo.
Fonte: www.lavozdegalicia.es
