A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e en colaboración coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), pon en marcha unha Escola de Pastores no rural de Ourense. O proxecto formativo, que inclúe preparación específica de pastoreo tanto teórica como práctica, presentarase mañá no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.
A formación será oficial, cunha parte teórica de 250 horas centrada en aptitude empresarial agraria especializada e outra parte práctica de 320 horas. As prácticas poderanse realizar en granxas de ovino e caprino de varias concellos das comarcas da Limia e de Monterrei, entre marzo e xullo e de setembro a outubro.
O obxectivo desta escola é facilitar a transmisión de coñecemento técnico e experiencia real para profesionalizar o manexo do gando ovino e caprino, mellorar a rendibilidade das explotacións e reforzar a produción de alimentos de calidade ligados ao territorio.
O proxecto conta coa colaboración da Fundación «la Caixa» e da Deputación de Ourense, a través do Inorde. Preténdese incorporar novos profesionais ao pastoreo, unha actividade de cría en extensivo que contribúe á redución do risco de incendios forestais mediante o uso dun monte produtivo e xestionado.
Fonte: www.lavozdegalicia.es
