Rematadas as beirarrúas na travesía da N-525 en Xinzo de Limia

Concluíu a construción das beirarrúas na travesía da N-525 en Xinzo de Limia, no tramo dende o inicio da obra ata a rotonda de acceso á A-52.

O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, visitou Xinzo para supervisar o proxecto, financiado polo Goberno central con 4,2 millóns de euros.

A actuación, promovida polo Ministerio de Transportes, busca transformar o vial nun espazo compartido para vehículos, bicicletas e peóns. Construirase un carril bici de tres quilómetros, crearánse zonas verdes e ordenaráse o tráfico con dúas rotondas.

Ademais das beirarrúas, instalouse un colector de augas pluviais e estase a rematar o outro. Tamén se reporá a rede de saneamento e o alumeado.

A travesía permanece aberta ao tráfico durante as obras. Construiranse pasos de peóns elevados e colocaránse reductores de velocidade.

Fonte: www.lavozdegalicia.es

VER NOTICIA COMPLETA