Atención en furgoneta por el rural de A Limia para cubrir a domicilio las necesidades de los mayores

La Voz de Galicia

Este artigo presenta a iniciativa «A Tecedoira», impulsada por Tania Feijoo e Aine Opazo do CDR O Viso. Trátase dun servizo itinerante que busca levar atención e asesoramento ás aldeas máis illadas da comarca da Limia, co obxectivo de cubrir as necesidades da poboación rural, especialmente a máis vulnerable, e combater a dispersión xeográfica que dificulta o acceso aos servizos.

Tania Feijoo e Aine Opazo, traballadora e educadora social do CDR O Viso que lanzan a furgoneta A Tecedoira cedida

Tania Feijóo e Aine Opazo, traballadora e educadora social, deseñaron un servizo itinerante para asesorar polas aldeas

26 mar 2025 . Actualizado ás 05:00 h.

Se os maiores do rural, especialmente os que viven sós, non poden chegar a todos os servizos que precisan, entón a atención debe ir ata a porta da súa casa. Iso é a solución que plantexaron Tania Feijóo e Aine Opazo, traballadora e educadora social respectivamente do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, en Sarreaus. As dúas mozas poñen en marcha o proxecto A Tecedoira, unha furgoneta equipada que percorrerá as aldeas máis deshabitadas da comarca da Limia para cubrir as necesidades dos seus habitantes. «Detectaremos o que precisan e farémoslle fronte á dispersión», explican. Estiman empezar a circular polos domicilios que o soliciten en abril, atendendo desde asuntos de asesoramento á falta de oferta lúdica.

Esta iniciativa enmárcase no programa Tecendo Redes, deseñado co obxectivo de fortalecer as comunidades rurais ofrecendo servizos de proximidade. A traballadora e a educadora social encargadas do proxecto explican que non pretenden chegar aos diferentes núcleos e impor actividades, senón que primeiro farán un percorrido para detectar que necesitan os veciños e adaptaranse ao que demanden. Xa iniciaron a primeira fase do plan, que consiste en reunirse con entidades, asociacións e os diferentes axentes do tecido sociocomunitario da comarca para saber que actividades están realizando e así non pisarse. Os principais usuarios de A Tecedoira son as persoas en situación vulnerable, especialmente a poboación de máis de 65 anos, e as aldeas onde hai máis falta de servizos.

A furgoneta de A Tecedoira

Coa furgoneta chegarán ata a súa casa para ofrecer asesoramento. Tratarán cos veciños da Limia os problemas aos que os servizos sociais dos Concellos non poden chegar, pola dispersión da poboación ou pola gran carga de traballo. O equipo do CDR O Viso encargarase de recoller a información e trasladala ao departamento municipal. Por outra banda, realizarán talleres de sensibilización, actividades lúdicas ou formativas, e incluso sesións específicas de ámbitos como a xestión emocional, o acceso a recursos sociais ou a prevención da soidade. «Queremos darlle resposta según o que demandan», apuntan. Por iso o proxecto está aberto a calquera petición dos veciños. Polo momento, empezaron os contactos con entidades de Sarreaus, Trasmiras e Cualedro. A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta financia esta iniciativa deseñada polo CRD O Viso para reducir o illamento no rural. As dúas profesionais engaden que a entidade de Sarreaus xa realizou máis programas que tiñan o mesmo obxectivo, así que A Tecedoira é o resultado das necesidades detectadas con anterioridade, que demandaban unha atención itinerante.

Archivado en: Sarreaus Servicios Sociales

Fonte: www.lavozdegalicia.es

VER NOTICIA COMPLETA