Un home foi condenado a seis meses de prisión por desobedecer un mandato xudicial que lle prohibía manter calquera tipo de contacto coa súa exparella, quen o denunciara por malos tratos. Os feitos ocorreron en xuño de 2022, cando xa existía unha orde de afastamento imposta por un xulgado de Xinzo de Limia, que lle esixía non achegarse a menos de 300 metros da muller nin buscar calquera tipo de comunicación.
Axentes da Garda Civil do municipio detiveron ao investigado despois de atopalo en compañía da vítima na rúa Río Arnoia. O sospeitoso non presentou escusas polo seu comportamento, o que permitiu acadar unha sentenza de conformidade ditada pola maxistrada do Xulgado do Penal 1 de Ourense.
Fonte: www.lavozdegalicia.es
