Xinzo tendrá su propia escuela de pastores

La Región

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, lanza unha nova iniciativa formativa: a Escola de Pastores. Esta proposta busca potenciar o pastoreo en extensivo, unha práctica que non só favorece a incorporación de novos profesionais ao sector, senón que tamén contribúe á xestión forestal creando barreiras naturais contra incendios e promovendo un monte produtivo.

A formación constará dunha parte teórica de 250 horas centrada na aptitude empresarial agraria especializada, complementada cunha parte práctica de 320 horas. Estas prácticas terán lugar entre marzo e xullo, e de setembro a outubro.

O alumnado terá a oportunidade de realizar as súas prácticas en diversas explotacións gandeiras da provincia de Ourense. A colaboración de gandeiros da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) fará posible que os estudantes poidan aprender en granxas situadas nos concellos de A Gudiña, A Mezquita, Baltar, Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Os Blancos, Riós, Sarreaus, Trasmiras, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia.

A presentación oficial desta Escola de Pastores terá lugar este xoves en Xinzo de Limia, coa colaboración da Fundación La Caixa.

Fonte: www.laregion.es

VER NOTICIA COMPLETA