Vilar de Barrio homenaxea a dúas vítimas da represión franquista

La Región

O Concello de Vilar de Barrio continúa co seu labor de recuperación da memoria democrática, lembrando ás vítimas da represión franquista na comarca da Limia.

Este sábado, descubríronse placas provisionais na igrexa de San Pedro das Maus en homenaxe a Cándido Fernández García e Cándido Gándara González. Ambos foron asasinados o 10 de agosto de 1936 preto de alí, na estrada entre Barrio e o Santuario dos Milagres, tras seren detidos e levados ao cuartel da Falanxe de Xinzo.

Cándido Fernández García era tenente de alcalde socialista en Xinzo, e Cándido Gándara González, concelleiro e directivo da Sociedade Agraria de Sandiás. Foron soterrados no camposanto local.

O alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, destacou o compromiso do Concello coa memoria e agradeceu a presenza de veciños, concelleiros doutros municipios e membros do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

A xornada continuou na sala D. Manuel Gómez Portela do Concello, onde se celebraron relatorios. Fernando Serrulla, médico antropológo e forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia, falou sobre as actuacións no Valle de Cuelgamuros e o II Plan Cuatrienal de Exhumacións en Galicia. Xulio Prada, catedrático de Historia Contemporánea da UVigo, contextualizou o movemento agrarista na Limia.

Fonte: www.laregion.es

VER NOTICIA COMPLETA