Palestra en Xinzo arredor sobre a sentenza do encoro das Conchas

La Región

Palestra sobre a contaminación no encoro das Conchas en Xinzo de Limia

A plataforma «Auga Limpa Xa», xunto con colectivos ecoloxistas e veciñanza da Limia e comarcas lindeiras, celebrou unha palestra na Casa da Cultura de Xinzo o sábado.

O evento centrouse na sentenza do TSXG que condena a Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola contaminación no encoro das Conchas e obriga a tomar medidas de reparación. Ambas administracións recorrerán a sentenza.

Interviron Pablo Álvarez (voceiro das veciñas das Conchas), Serafín González (Sociedade Galega de Historia Natural), Manuel García (Movemento Ecoloxista da Limia) e Manuela Freixo (Auga Limpa Xa).

Álvarez sinalou que a sentenza non é firme e que están dispostos a chegar até a xustiza europea. Tamén destacou a problemática da contaminación dos pozos na Limia.

Fonte: www.laregion.es

VER NOTICIA COMPLETA