Palestra sobre a sentenza do TSXG pola contaminación no encoro das Conchas
A plataforma veciñal «Auga Limpa Xa», xunto con colectivos ecoloxistas, organizou unha palestra na Casa da Cultura de Xinzo de Limia sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que responsabiliza á Xunta e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola contaminación no encoro das Conchas.
O fallo do TSXG, que ambas administracións recorrerán, obrígaas a tomar medidas para reparar o dano. Interviron Pablo Álvarez (veciño das Conchas), Serafín González (Sociedade Galega de Historia Natural), Manuel García (Movemento Ecoloxista da Limia) e Manuela Freixo (Auga Limpa Xa).
Álvarez sinalou que a sentenza non é firme e están dispostos a recorrer até a xustiza europea, destacando a problemática da contaminación dos pozos e os nitritos na Limia.
Fonte: www.laregion.es