O Patapas reparte 3.000 euros para mercar no comercio local

La Región

O concello de Xinzo, en colaboración coa hostalaría local, celebrou onte o sorteo final do concurso Patapas 2025. Nesta edición, repartíronse 3.000 euros en 25 vales de compra para o comercio local, ademais de darse a coñecer os establecementos mellor valorados polo público.

Os veciños gañadores recibiron unha chamada do alcalde, Amador Díaz, e do concelleiro de Promoción Económica, Ricardo Sieiro, para recoller os seus vales no Concello. Estes vales poderán ser canxeados ata o 31 de decembro.

Os establecementos máis valorados polos consumidores foron:

  • Primeiro posto: Bar Monforte, cun 80% de mencións entre as tapas favoritas.
  • Segundo posto: La Central Heladera.
  • Terceiro posto: Bar Rosalía.

Fonte: www.laregion.es

VER NOTICIA COMPLETA