Cinco ofertas para a humanización da praza da Igrexa en Rairiz de Veiga
A Xunta de Galicia recibiu cinco ofertas para a execución de obras de humanización na praza da Igrexa, en Rairiz de Veiga (Ourense), cun investimento de 118.700 euros.
Esta actuación, enmarcada no Plan Hurbe, permitirá a renovación, soterramento de servizos e pavimentación da praza, cun prazo de execución de tres meses.
A Xunta financiará o 70% do investimento, mentres que o Concello de Rairiz de Veiga asumirá o 30% restante.
Fonte: www.laregion.es