O salón multiusos do Concello de Vilar de Santos acolleu a primeira Gala Benéfica de Nadal, unha iniciativa para recoller alimentos e xoguetes, fomentar a colaboración veciñal e coa participación do comercio local.
O evento, que comezou ás 16:30 horas, incluíu actuacións da Coral Santa Mariña, música de panderetas da asociación A Arracada, gaitas dos gaiteiros de Rairiz, contos de Nadal dos usuarios do centro de día, unha actuación de zumba, villancicos e a Orquestina Antela. Ademais, participaron nenos disfrazados. Ao finalizar, houbo unha sesión de bingo e chocolate con bica.
Fonte: www.laregion.es
