Veciño de Xinzo de Limia achado morto no río Limia
Javier P. R., home de 40 anos, foi atopado sen vida no río Limia, á altura do Parque do Toural, en Xinzo de Limia.
O home levaba desaparecido desde o sábado, cando foi visto por última vez correndo pola zona da Finca da Condesa sobre as 11:30 horas. A familia denunciara a súa desaparición o domingo.
Un dispositivo de busca, que incluíu a Garda Civil, Protección Civil, persoal sanitario, bombeiros e o GES de Muíños, rastrexou a zona. O corpo foi localizado polo equipo de submarinistas da Garda Civil.
Fonte: www.laregion.es