Condena de seis meses de prisión por atentado en Xinzo de Limia
Un home foi condenado a seis meses de prisión por un delito de atentado en grao de tentativa tras ameazar e intentar agredir a un axente da Garda Civil nas inmediacións do cuartel de Xinzo de Limia, na rúa Landeira. Os feitos ocorreron o 24 de abril de 2024.
O condenado proferiu ameazas como «Vou queimar o pobo e o cuartel» ou «Vouvos a picar, vouvos a cravar un pincho, vouvos a matar». Adicionalmente, tentou agredir a un axente da Garda Civil cunha vara de ferro de 0,5 centímetros de grosor rematada en punta, introducíndoa polo oco da valla do cuartel mentres lle dicía «Pícho, vou a matar». Aínda que non chegou a alcanzar ao axente, despois díxolle ao mesmo garda civil en dúas ocasións «Quince minutos te quedan a ti cando eu saia do xulgado».
O home admitiu os feitos anoche no Penal 1 tras un acordo de conformidade. Tívose en conta que o home estaba medicado cando ocorreron os sucesos, o que influíu na sentenza de seis meses de prisión.
Fonte: www.laregion.es
