Celebración do Día de Galicia en Xinzo de Limia
Xinzo de Limia festexou o Día de Galicia cunha ofrenda floral e lectura do manifesto no Parque de Galicia, contando coa presenza de veciños e membros da corporación local.
Sanda Alvar e Lara Sotelo interpretaron o Himno Galego.
Na rúa Río Arnoia, tivo lugar o evento «Xuntos pola música», onde Lys Pardo e Antonio Barros realizaron un tributo a Juan Pardo, fillo adoptivo de Galicia e Medalla de Ouro de Galicia no 2023.
O público asistente disfrutou e participou cantando e bailando os temas do artista.
Fonte: www.laregion.es