Barrio mellora a eficiencia enerxética da Casa do Concello

La Región

O concello de Vilar de Barrio vén de comezar as obras de mellora na eficiencia enerxética da casa consistorial, que se construiu a mediados dos años 60 e se encontraba nunha situación de bastante deterioro, “logo de diversas inversións para actualizala e facela útil, conseguimos atender as demandas da veciñanza”, explicou Manuel Conde, alcalde do Concello. “Foi creada co fin de servir ós veciños e as demandas de hoxe en día con respecto ó ano 60 varían sustancialmente”.
Esta é unha das derradeiras actuacións que se farán no edificio, e que conta cun investimento de máis de 125.000 euros de subvención da Xunta de Galicia e cofinanciado nun 60% con fondos da Unión Europea. As obras comezaron a semanada pasada, e teñen un prazo de execución de 16 semanas.

Esta obra dotará á casa consistorial dunha envolvemente térmica, ademais da renovación da cuberta e o sistema de calefacción e aire acondicionado, “para axudar a combater o cambio climático e reducir as emisións de gases”, apunta o alcalde.
“Todos os concellos que nos perimetran tiñan feitas estas actuacións fai anos”, explicou Conde, “pero estamos moi contentos de mellorar as infraestruturas do Concello”, facendo referencia as melloras na accesibilidade e a reforma do primeiro andar do edificio que hoxe serve de aula multiusos e de salón de plenos.

Fonte: www.laregion.es

VER NOTICIA COMPLETA