Vilar de Barrio reparte premios ás mellores decoracións do Nadal

Diario do Limia

Vilar de Barrio lanza un concurso de Nadal 2025 para decorar o municipio

O Concello de Vilar de Barrio convocou un concurso co obxectivo de festexar o Nadal 2025, enchendo o municipio de luz, cor e espírito festivo. A iniciativa busca transformar cada recuncho de Vilar de Barrio nun espazo decorado e iluminado.

Participantes:

  • Veciñanza, asociacións, comisións de festas, negocios e colectivos que decoren un espazo público ou local habilitado e accesible ao público durante todo o Nadal.
  • Todas as vivendas do concello que decoren o exterior (fachadas, xardíns, balcóns ou entradas).

Inscrición e prazo:

  • Reserva de espazos públicos ata o 18 de decembro no teléfono 988 449 001.
  • Envío de fotos ou vídeos da decoración ata o 23 de decembro ao correo [email protected].

Valoración: A avaliación dos traballos realizarase do 24 ao 30 de decembro por unha comisión de veciños e veciñas das diferentes parroquias do concello.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA