Un incendio declarouse na noite do domingo nunha vivenda en Paradela de Abeleda, Porqueira. A propietaria e única ocupante alertou aos servizos de emerxencia.
Bombeiros de Xinzo, o GES de Muíños e Protección Civil de Porqueira desprazáronse ao lugar. O lume quedou extinguido pasadas as 1:45 horas.
A habitación principal resultou calcinada e o resto da vivenda sufriu danos polo fume. A intervención dos veciños foi clave para controlar o incendio inicialmente, evitando consecuencias maiores.
Fonte: www.diariodolimia.gal
