Entradilla: O proceso de adxudicación da construción e xestión dunha miniresidencia de anciáns e centro de día en Trasmiras está envolto en controversia. A empresa Coviastec foi a adxudicataria, nun concurso con presuntas irregularidades, onde o mesmo avogado representou tanto á empresa como ao Concello. A oposición denuncia a privatización do servizo e a falta de transparencia no proceso.
Todo según o previsto. Coviastec foi a empresa que presentou o anteproxecto de construción dunha miniresidencia de anciáns en Trasmiras. O avogado que colabora con esta mercantil -incluso chegou a firmar informes favorables a ésta para adxudicacións noutros municipios, como en Cercedo-Cotobade- foi o que se encargou de redactar o prego de condicións do concurso de adxudicación, encomendado polo Concello de Trasmiras -esto é, traballou para a empresa pero tamén para o ayuntamiento-. Coviastec foi a que solicitou que o proxecto inicial se ampliase a máis prazas e tamén a un centro de día, ao que o Concello de Emilio José Pazos accedeu.
O seu avogado -o de Coviastec e o do Concello, esto é, o mesmo- foi quen defendeu as condicións do prego do concurso, no mesmo salón de plenos, interpelando á secretaria titular do Concello, quen emitira un informe no que cuestionaba varios dos puntos do documento presentado polo letrado de ambas partes interesadas.
Coviastec foi a única en presentar a oferta, a última hora do último día do prazo de presentación. E Covistec ha sido a empresa a la que el Concello de Trasmiras ha entregado la construcción y gestión de la futura residencia de mayores del municipio y también de su centro de día por un periodo de 40 años, aportando la Xunta y la Deputación 1.450.000 euros para levantar un edificio que, según el proyecto, supondrá 2,7 millones de euros de obra. La diferencia deberá aportarla la empresa adjudicataria.
A cambio, os veciños de Trasmiras perderon unha superficie que lles pertencía -e que cederon voluntariamente- e pagarán máis polas súas prazas, no caso de que fagan uso delas, que outras residencias da comarca, como é o caso de Porqueira. Os non dependentes abonarán 1.550 euros ao mes, e os grandes dependentes deberán ingresar a cifra de 1.850 euros.
Algo que a edila do BNG, na oposición, María do Mar Alonso, se encargou de repetir ata a saciedade nos plenos previos á contratación da construción da residencia: «Pero non nos fixeron caso a ningunha das nosas propostas. Queríamos unha xestión pública e non privada, como vai a ser. Queríamos que se fixara polo menos un canon anual que redundase nalgúns programas de atención social no municipio e que tería que pagar a concesionaria, tampouco foi. Esta residencia, que este rexedor levaba prometendo no seu programa os últimos 16 anos, non deixa de ser un negocio para el e os seus amigos», señaló a esta redacción María do Mar Alonso.
Fonte: www.diariodolimia.gal
