O PSdeG-PSOE pide reactivar o Comité Ético da Deputación de Ourense
O Grupo Provincial Socialista rexistrou unha moción para reactivar urxentemente o Comité Ético da Deputación de Ourense, inactivo dende hai máis dunha década.
A proposta, que se debatirá no pleno do 30 de maio, busca recuperar este órgano clave para a transparencia e bo goberno. Álvaro Vila, secretario provincial, subliña a necesidade de restaurar a confianza e asegurar a fiscalización da Deputación.
A moción solicita o nomeamento inmediato dun novo Comité Ético mediante un proceso público e transparente, baseado en criterios de mérito e independencia, excluindo vinculacións partidistas.
Tamén se propón revisar o regulamento interno, garantir a autonomía funcional, establecer un sistema de rotación, dotar de recursos ao órgano e crear un informe anual accesible ao público.
O Comité Ético, creado en 2015 baixo a presidencia de Xosé Manuel Baltar, quedou desactivado tras a dimisión dos seus membros por unha investigación de presunto acoso sexual. Desde entón, a Deputación non o reactivou, xerando un baleiro institucional na área de ética pública.
Fonte: www.diariodolimia.gal