O fulión de Carracedo (A Gudiña) y Los Támega, protagonistas na XXVII edición da Festa do Lacón de Cuntis

Diario do Limia

XXVII Festa do Lacón con Grelos en Cuntis

Cuntis prepárase para celebrar a súa XXVII Festa do Lacón con Grelos, un evento gastronómico e festivo que terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de febreiro. A vila termal ofrecerá unha programación que combina a tradición culinaria coa música en directo, a cultura popular e propostas de lecer para todas as idades.

Xantar Popular

O xantar popular, eixo central da celebración, require reserva previa. O prazo para realizar as reservas é do 11 ao 18 de febreiro, chamando ao teléfono 986 53 36 00. O prezo será de 23 euros por persoa, e as mesas deberán ser de número par. A organización recorda que non se venderán entradas o día do evento.

Programación do Domingo (22 de febreiro)

O domingo concentrará boa parte dos actos institucionais e festivos:

  • Ás 12:00 horas, o xornalista Alfonso Hermida pronunciará o pregón na Praza da Constitución, presentado pola comunicadora Rocío Padín.
  • A feira de artesanía e a animación musical polas rúas abrirán a xornada.
  • Actuarán o Folión de Carracedo da Serra e a charanga Los Támega.
  • Ás 14:00 horas celebrarase o xantar popular.
  • Pola tarde haberá actividades familiares e un concerto de Fátima Pego ás 18:30h.
  • A festa pecharase simbolicamente co tradicional Enterro do Chapante ás 19:30 horas.

Programación do Sábado (21 de febreiro)

O sábado estará centrado na música:

  • Ás 21:15 horas, o dúo Cómplices (Teo Cardalda e María Monsonís), xunto á D’Crooners Band, presentarán a súa xira “Cómplices Íntimos” na carpa situada xunto ao Pavillón Municipal.
  • Pola noite, o ambiente festivo continuará co Guatequelacón, coas actuacións de Jorge Ferre e Karamelo Disco Móvil.

O Concello de Cuntis anima a veciños e visitantes a gozar dunha fin de semana que une sabor, tradición e festa en torno ao lacón con grelos.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA