NOTICIAS XINZO | Máis 500 rapaces nunha fase do Campionato Galego de Fútbol-8

Diario do Limia

Xinzo de Limia acolle a Fase Intermedia do Campionato Galego de Fútbol-8

O sábado 17 de maio, os campos de fútbol A Moreira e José Antonio Fernández Carrera en Xinzo de Limia, albergarán a Fase Intermedia do Campionato Galego de Fútbol-8 na Zona Sur de Galicia.

Organizado pola Real Federación Galega de Fútbol, o evento reunirá clubs clasificados das delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín.

Os equipos competirán en formato liga, e os mellores clasificados accederán ás eliminatorias que decidirán os participantes na Fase Final do campionato en Vilalba o 24 de maio.

Xinzo convértese así nun importante centro do fútbol base galego.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA