Colisión entre un coche e unha grúa en Rairiz de Veiga deixa unha persoa ferida
Un accidente na OU-531, á altura de Sabariz (Rairiz de Veiga),provocou feridas leves á condutora dun turismo tras chocar contra unha grúa. O suceso ocorreu arredor das 10:00 da mañá.
O 112 Galicia recibiu a alerta e mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia e á Garda Civil de Tráfico. A Garda Civil investiga as causas do accidente.
Fonte: www.diariodolimia.gal