Os Blancos moderniza a xestión do padrón co proxecto «Ourense Padrón On-Line»
O Concello de Os Blancos intégrase no proxecto «Ourense Padrón On-Line», impulsado pola Deputación de Ourense e financiado cos fondos Next Generation EU. Este sistema de xestión do padrón en tempo real permitirá unha administración máis eficiente e áxil dos datos padronais, cumprindo a normativa estatal.
Facilitará o intercambio de información con outros municipios da provincia e co INE, mellorando a precisión e coordinación dos datos. A Deputación busca extender este modelo a todos os concellos da provincia antes do 30 de setembro.
Fonte: www.diariodolimia.gal