Gumersindo Lamas reelixido presidente do PP de Sarreaus
Gumersindo Lamas Alvar, alcalde de Sarreaus dende hai 34 anos, foi reelixido presidente da agrupación local do Partido Popular nun congreso celebrado no municipio. O evento contou coa presenza de Luis Menor, presidente provincial do PP en Ourense, e Sandra Quintas, secretaria xeral. Menor destacou a longa traxectoria política de Lamas e a súa dedicación á veciñanza. Lamas comprometeuse a traballar e abrir o partido á participación de todos.
Fonte: www.diariodolimia.gal