Obras de saneamento en Vilar de Barrio supervisadas pola CHMS
O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, e o alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, inspeccionaron as obras de saneamento que o organismo está a realizar no concello ourensán.
O proxecto consta de dúas fases. A primeira, xa rematada, consistiu na construción de seis depuradoras compactas en diversas localidades. A segunda fase, en execución, contempla a construción de dúas novas depuradoras, que se espera que estean rematadas na primeira semana de decembro.
Ademais, o proxecto inclúe a demolición das antigas depuradoras situadas no dominio público hidráulico do río Arnoia para recuperar o entorno fluvial.
O investimento total supera os 700.000 euros, destinados á mellora do saneamento e á calidade das augas dos ríos no municipio.
Fonte: www.diariodolimia.gal
